Clínica veterinaria en Santiago de Compostela

Clínica veterinaria en Santiago de Compostela

981 587 233

Somos os veterinarios para as súas mascotas

Clínica Veterinaria San Roque abrimos as nosas portas en abril do ano 2000 coa intención de prestar un servizo integral e de calidade ás súas mascotas.

Dende os nosos inicios traballamos para conseguir a súa confianza, converténdonos moi pronto nun referente veterinario en Santiago de Compostela e arredores, superando incluso as nosas expectativas.

Apostamos por unha formación continuada para estar ao día nas últimas novidades en canto a diagnóstico, tratamentos... asistindo a cursos e congresos, tanto nacionais como internacionais.

Confíe en nós, o coidado dos animais é a nosa vocación.

Somos os veterinarios para as súas mascotas

No ano 2005 recibimos na VI edición o premio "Manuel Beiras" como empresa con uso continuado da lingua galega.

¿Por que elixirnos?

Laboratorio propio

Análises rápidas para un diagnóstico e tratamento preciso.

Reprodución asistida

Axudámosche a aumentar a familia da túa mascota con técnicas especializadas.

Tenda veterinaria

Poderás atopar desde accesorios, ata pensos das mellores marcas.

Servizo de urxencias

Prestamos atención inmediata en momentos críticos

Visita virtual interactiva da Clínica Veterinaria San Roque en Santiago de Compostela

Ver en 360º
Especialistas en oftalmoloxía veterinaria

Especialistas en oftalmoloxía veterinaria

Contamos con tecnoloxía de vangarda para o coidado dos ollos da túa mascota. Un elemento clave do noso servizo oftalmolóxico é o potente Phaco Infinity de Alcon, un sistema avanzado de facoemulsificación que nos permite realizar cirurxías oculares, especialmente de cataratas, máis controladas e eficientes, conseguindo mellores resultados e unha recuperación máis rápida para o teu compañeiro animal.

Desde Clínica Veterinaria San Roque comprometémonos a mellorar a saúde ocular da túa mascota por iso temos:

  • Quirófano adaptado
  • Microscopio cirúrxico con asistente
  • Tratamento médico e cirúrxico
  • Atención personalizada
  • Seguimento postoperatorio

Atención 24h

Coa finalidade de mellorar a atención en urxencias que xurdan polas noites, fins de semana e festivos, as chamadas ao noso número de urxencias serán desviadas a IMAVET, centro referenciado atendido por un equipo especializado e con experiencia en UCI, hospitalización e medicina veterinaria de urxencias.

Clínica Veterinaria San Roque sempre será informado do diagnóstico e tratamento do voso animal de compañía grazas á estreita comunicación que hai co devandito centro que, ademais de persoal cualificado, conta coas instalacións necesarias para urxencias e coidados intensivos con vixilancia presencial 24 horas.

Esta medida só aplica para a aquelas consultas que xurdan fose do noso horario de atención habitual que é de luns a venres de 9:30 a 18:00 e sábados de 10:00 a 13:30h. Aproveitamos para recordarche que as consultas atenderanse por orden de chegada ata as 15:00h e que pola tarde as consultas serán soamente con cita previa.

Atención 24h

Coñece as nosas instalacións

¿Necesita máis información?

¿Necesita máis información?

Contacte connosco para saber máis sobre os nosos servizos e pida cita para unha consulta na Clínica Veterinaria San Roque.

Contactar